US and Worldwide: +1 (866) 660-7555
Results 1 to 3 of 3

Thread: Adaptación do Pentaho ao galego

  1. #1

    Default Adaptación do Pentaho ao galego

    Moi boas a todos,

    Alégrome moito da creación deste foro, na propia páxina de Pentaho.

    Espero que cando o proceso de adaptación da plataforma chegue a un punto estable, toda a comunidade opensource de Galiza poida atopar connosco a solución de business intelligence que procura.

    Se alguén está interesado en axudar, ou ben en indagar cal é o estado da traducción a dia de hoxe, que non dubide en poñerse en contacto con sinnexus.

    Un saúdo cordial.

  2. #2

    Default Estado da traducción

    Ola,

    Gustariame saber como levades o tema da traduccion do Pentaho, en especial os exemplos que trae consigo a plataforma, xa que algúns deles non se poden atopar nin en castelán. Se dispoñedes de documentación adicional xa traducida seria de moita axuda se a podedes remitir a dirección de correo da miña conta. Moitas gracias.

    Un saúdo,

    Xavi

  3. #3
    Join Date
    Feb 2007
    Posts
    2

    Default Estado actual da adaptación

    Moi boas Xavier,

    Antes de nada, agradecerte o interés polo estado da traducción.

    Comentarte que a dia de hoxe a nosa actividade de consultoria noutros proxectos de BI está a marcar o noso dia a dia, polo que a tarefa de traducción avanza lentamente, relegada en xeral ás horas extra.

    O peor é que os proxectos actuais que estamos a desenvolver non van sobre tecnoloxia opensource. De feito, estamos vendo que na práctica hai moitas empresas con grandes dubidas co software libre. Por iso non descartamos a opción de intentar lanzar una campaña de promoción do BI opensource en Galiza, para a cal todas as axudas serian poucas.

    En canto ao Pentaho, comentarte en liñas xerais que existen dúas fases para a traducción, segundo os propios autores da plataforma: a primeira é a adaptación das demos ou exemplos que veñen incorporados no paquete, para a cal hai que traducir dous tipos de ficheiros (xml e .properties) nos subsistemas correspondentes. A segunda fase é a traducción da aplicación Pentaho propiamente dita, e que require a modificación de cinco tipos de ficheiros.

    Con respecto aos exemplos e aos manuais, estamos empregando como base a plataforma en español, por iso de aproveitar as semellanzas gramaticais. Non obstante, e como ti ben sinalas, nin sequera na versión española está finalizada esta adaptación, polo que nas últimas semanas estamos facendo directamente a traducción de inglés a galego en moitas delas.

    Por último, destacar que como ferramenta de apoio estanos a resultar moi útil o opentrad, que supoño que xa coñeces (www.opentrad.org).

    Un saúdo

Posting Permissions

  • You may not post new threads
  • You may not post replies
  • You may not post attachments
  • You may not edit your posts
  •